PIP: instalar bibliotecas

Unha das moitas ventaxas de Python son os seus módulos ou bibliotecas (tamén chamadas nunha mala traducción do inglés librerías). Estas bibliotecas amosan, de feito,  o poder do código libre e do coñecemento compartido respecto do código pechado/privativo).

Como funcionan as bibliotecas

Os módulos ou bibliotecas están compostos por funcións ou métodos, que son subprogramas que podemos chamar para utilizar no noso programa. Por exemplo, na librería Math teremos funcións como seno ou coseno (chamadas sin() e cos()). Se temos instalada a librería podemos importar os seus métodos individualmente, ou ben globalmente escribindo import nome_da_libreria ao principio do programa. Por exemplo: entra en python na terminal e escribe:

import math

e logo escribes

print (math.pi)

Acabas de importar unha función que xenera o nº pi.

Outra posibilidade é importar só unha función do módulo. Por xemplo, nos bucles utilizaremos moito a función 'agardar', sleep, que pertence á librería time, polo que escribiremos ao inicio do programa:

from time import sleep

Con isto xa podemos usar sleep no programa (por exemplo sleep(10) fara agardar 10 segundos a un programa)

Dende a versión 2.7.9 e a 3.4 xa temos instalado un xestor de librerías chamado PIP (PIP3 en Python 3, que é co que traballamos xeralmente). Como curiosidade algorítmica indicar que PIP é un acrónimo recursivo: PIP installs Python (ou PIP installs packages).

Instalar e verificar PIP

1. Comprobar se está

Podemos ver se o temos instalado e de paso verificar a versión co seguinte comando

pip -V ou ben pip3 -V

2. Instalar PIP

No caso de non ter instalado PIP executamos na terminal (para Ubuntu, Debian ou derivados):

sudo apt-get install python-pip

Para PIP3 faremos:

wget https://bootstrap.pypa.io/get-pip.py
sudo python3 get-pip.py

3. Actualizar PIP

Aínda que o teñamos instalado pode ser necesario actualizalo. Para iso abrimos o terminal e executamos:

sudo pip3 install --upgrade pip

As bibliotecas

Unha vez instalado podemos descargar bibliotecas cando as necesitemos. Pero antes diso debemos comprobar se a temos xa instalada ou non. Para iso temos varias opcións:

  • Dende a terminal, teclear pydoc modules (pero ollo!: pode que estés a ver os módulos de python2 e non de python3)
  • Dende dentro de python3 teclear:
    • import nome_do_modulo. Se non está instalado aparecerá un erro dicindo No module named requests
    • Alternativamente podes teclear help('nome_do_modulo') ou ben help('modules') para listar todos. Se queres saír teclea Crtl+Z

1.Instalar novas bibliotecas

Agora cando vexamos un programa que usa unha biblioteca ou un módulo que nós non temos instalado, simplemente facemos isto na terminal:

pip3 install nome_da-libreria

Haberá bibliotecas que teñan outras ordes máis complexas, ou ben necesitemos un instalador, pero como norma xeral isto funciona.

Por exemplo, a famosa biblioteca PYGAME, para crear xogos básicos,podese instalar así (no PC, porque na Raspberry Pi xa estará instalada):

python3 -m pip install -U pygame --user (o comando --user é para instalar a librería só noso usario)

Se todo foi ben poderemos abrir un programa de exemplo dende a terminal:

python3 -m pygame.examples.aliens

Comproba a versión de Python Geany: IDE de Python Ola mundo pitónico! Codificando que é xerundio

PIP: instalar bibliotecas Comentarios PSeInt: pseudocódigo