Aquí deixámosvos unha coleción de problemas para clase, os "típicos" problemas matemáticos de algoritmos. A idea é que vaia crecendo con máis problemas. Ao carón do enunciado está o tipo de algoritmo proposto para resolvelo, pero, lóxicamente, poden facerser de varios xeitos e unha posibilidade de traballo en clase será crear cando menos dúas solucións do mesmo algoritmo, agás os máis sinxelos. Tamén é interesante usar un mesmo problema para ir complicando a estrutura algorítmica. Vexamos un par de exemplos:
- Calcular o factorial dun número N: pode facerse con bucles (e podemos facelo cos 3 bucles básicos: repetir, namentres e para), con función simple e por recursividade. O mesmo para a serie de Fibonacci ou as táboas de multiplicar.
- Convertir de binario a dixital: pode facerse con bucles ( e dentro do bucle, por cálculo aritmético ou usando subcadenas) e logo utilizando arrays.
Por último incluímos o ficheiro de solución en pseudocódigo, feito no Pseint. Os ficheiros de PSeInt son texto e poden abrirse con calquera editor de texto unha vez descargados, sen necesidade de ter o programa instalado. No PSeInt podemos modificalos, executalos, crear o diagrama de fluxo, exportar en formato de distinta linguaxes de programación...
Nota: os problemas de cada tipo NON están ordenados por dificultade.
| Enunciado | Aspecto algorítmico | Ficheiro |
|---|---|---|
| Intercambiar o valor de dúas variables | Secuencial | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Conversor de velocidade; dada unha velocidade en km/h convertila a m/s | Secuencial | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Enunciado | Aspecto algorítmico | Ficheiro |
|---|---|---|
| Dados 2 nº, indica cal é maior | Condicional simple | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Dado 3 nº, indica cal é maior | Condicional simple | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Día da semana: indica o día segundo o nº introducido | Condicional múltiple | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Mercar pan: calcula desconto segundo condicións de compra | Condicional aniñado | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Conversor de nota: dada unha nota numérica a convirte en nome | Condicional múltiple | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Distinguir par de impar | Condicional múltiple, módulo | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Saber se un nº N é fraccionario, ten decimais | Condicional simple | Ficheiro PSeInt (.psc) |
| Enunciado | Aspecto algorítmico | Ficheiro |
|---|---|---|
| Adivinar un número N menor que 100 en menos de 7 intentos. |
Bucle repetir. Condicional simple |
Ficheiro PSeint (.psc) |
| Sumar os divisores dun nº N | Para, módulo | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Introducimos 5 nº e devolve o máximo | Repetir, condicional | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Conta vogais dunha frase | Para, condicional múltiple | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Conversor decimal a binario | Condiciona simple, namentres | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Escribe os primos menores a 100 (criba de Eratóstenes) | Condicional, bucle aniñado, para, namentres | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Factorial de N | Para | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Factorial de N | Repetir | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Inverter díxitos de un nº de 2 cifras | Repetir | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Máximo común divisor de 2 nº. Algoritmo de Euclides | Namentres | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Saber se N é primo | Namentres | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Sabr se N é primo | Repetir | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Sumar os N impares menores que 100 | Repetir | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Sumar ata N nº, indicado N | Namentres | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Enunciado | Aspecto algorítmico | Ficheiro |
|---|---|---|
| Almacena e ler vector | Bucle para, array | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Dado un mes, indicar cantos días ten | Array | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Contar cantas palabras empezan por vogal | Para, array | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Decimal a hexadecimal | array | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Inverter array | array, para | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Táboa de multiplicar almacenada en lista | array, para | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Enunciado | Aspecto algorítmico | Ficheiro |
|---|---|---|
| Tipos de funcións en PSeInt | subproceso | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Subraiar un texto calquera | subproceso | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Potencia de A elevado a N con recursividade | subproceso, condicional | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Factorial recursivo | subproceso, condicional | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Escritura satánica (inverter unha frase) | subproceso, para | Ficheiro PSeint (.psc) |
| Máximo de 3 nº | subproceso |