Que ordene Python

En realidade, para ordenar unha lista non precisamos definir ningunha destas novas funcións que acabas de deseñar. O certo é que Python xa ten as súas propias funcións para ordenar. Estas funcións chámanse métodos.

Función Python Exemplo Resultado
Crear unha lista ordenada a partir doutra lista sorted ()
lista = [8,9,4,5,1]
print (lista)
lista_ordenada = sorted(lista)
print (lista_ordenada)

Ordenar unha lista (de menor a maior) lista.sort()
lista = [8,9,4,5,1]
print (lista)
lista.sort() #ordena a lista
print (lista)

Ordena a lista en orde inversa (o último elemento pasa a ser o primeiro) lista.reverse()
lista = [8,9,4,5,1]
print (lista)
lista.reverse()
print(lista)

Ordenar a lista de maior a menor lista.sort(reverse=True)
lista = [8,9,4,5,1]
print (lista)
lista.sort (reverse=True)
print (lista)

       

 

Isto funciona tamén con listas de nomes, como por exemplo:

lista_nomes = ['Víbora', 'Cobra', 'Pitón'] #se queremos ordenala alfabeticamente.

 

Exercicios

  1. Crea un programa que pida 5 apelidos e os ordene alfabeticamente, primeiro do A ao Z e logo ao revés.
  2. Modifica o programa anterior para que pida apelidos infinitamente ata que introduzamos o valor centinela (valor acordado que remata o bucle). Entón os ordena.

 

 

Binarizar e outras conversións Ordena e funcionará Máis orde Que ordene Python