CUBE [CF; 1997]:
Por que perder o tempo con ela:
- Por que mostra a importancia de traballar en grupo.
 - Por que é unha peli de ideas e non de presuposto.
 - Polas ideas narrativas, ben resoltas.
 
A que algoritmo fai referencia:
- Factorización dun nº (números primos).
 - Spoiler: ten un certo erro de guión se sabes matemáticas.
 
Lo and Behold: Reveries of the Connected World [Documental; 2016]:
Por que perder o tempo con ela:
- É de Werner Herzog.
 - Pasado, presente e futuro? de Internet.
 - É un paradoxo que sexa un tanto caótica?.
 - Non é un documental de especialistas.
 
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Internet.
 - Servidores.
 
Algorithm - The hacker movie [thriller; 2014]:
Por que perder o tempo con ela:
- Non é unha peli mainstream.
 - Non é boa narrativamente (tampouco mala), pero si interesante.
 - Podes vela online con subtítulos en youtube ;-).
 
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Hackers vs. gobernos.
 
Enigma [drama, thriller; 2001]:
Por que perder o tempo con ela:
- Unha peli comercial sobre a codificación na II Guerra Mundial e a súa importancia bélica.
 - Ten bos actores.
 - Pode verse en clase.
 
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Criptografía.
 
The imitation game(El código Enigma) [biografía; 2014]:
Por que perder o tempo con ela:
- Alang Turing, excepcional matemático, sentou as bases teóricas do ordenador.
 - O traballo colectivo por desencriptar Enigma merece coñecerse.
 - O actor é realmente bó.
 
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Criptografía.
 - Alan Turing.
 
Robot & Frank [CF, comedia dramática; 2012]:
Por que perder o tempo con ela:
- En castelán: 'Un amigo para Frank'.
 - Unha peli de robots para os que odian as pelis de robots.
 - Un aspecto social da robótica que non aparece nas pelis, pero que será importante.
 
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Robótica
 
Her [CF, romántica, existencial; 2013]:
Por que perder o tempo con ela:
- É unha peli de Spike Jonze.
 - A actuación de Scarlett Johansson (en VO) como voz de asistente virtual.
 - A trama realmente fai pensar na nosa relación coas máquinas
 
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Mundo algorítmico
 
Ex_machina [CF, drama; 2015]:
Por que perder o tempo con ela:
- Unha peli sobre robots para os que non lles gusta a peli de robots.
 - Temas moi actuais: IA e ética, uso dos robots...
 - Interesante realizar unha visión de xénero.
 
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Robótica
 - IA
 - Test de Turing
 - Ética
 
Piratas de Silicon Valley [Biografía, drama; 1999]:
Por que perder o tempo con ela:
- A creación de Apple, Microsoft...en loita con IBM.
 - Vemos como se rouban as ideas (é algo normal na innovación).
 - Historia importante da informática.
 
A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:
- Historia
 - PC
 - SO