Creando aulas virtuais

Hai moitas razóns polas que empezar a crear un aula virtual, pero a máis importante é por que un pequeno traballo ao inicio da configuración dun curso virtual pode quitarte moito traballo posterior na xestión da teledocencia.

É unha mágoa que unha parte do profesorado siga xestionando a teledocencia mediante o uso do correo electrónico e perdan así o seu tempo (e a súa paciencia) tratando de organizar un curso mediante unha ferramenta que non foi creada para tal fin, cando teñen á súa disposición unha forma moi doada de facelo.

Ter un curso virtual te permite, entre outras cousas:

icono aula virtual moodle

  1. Poñer a disposición do alumnado de maneira sistemática e ordenada ligazóns, ficheiros e tarefas.
  2. Ter un rexistro automático do traballo do teu alumnado.
  3. Corrixir as tarefas do noso alumnado, engadindo comentarios e incluso corrixindo encima (no caso de documentos pdf. E ata  deseñar exercicios autocorrixibles.
  4. Cualificar a o alumnado de maneira moi rápida e ordenada.
  5. Enviar a cualificación ao alumnado de maneira automática e individualizada, respetando a privacidade.
  6. Manter un rexistro ordeado de dúbidas do alumnado, empregando foros, que evitan que teñas que repetir as mesmas respostas (pois todos sabemos que as dúbidas do noso alumando soen ser recursivas).
  7. Respetar a privacidade do teu alumnado, evitando empregar ferramentas que empregan os datos do noso alumando para os seus propios fins.
  8. Xuntar todas as cualificacións de todas as tarefas e manexalas dende a aula virtual ou descargalas a un documento para o seu tratamento posterior.

Se con todo isto que te contamos te animas a empregar as aulas virtuais dos institutos, te deixamos aquí varios titoriais para que empeces:

Curso completo de Moodle 2.6 URL