Heroes da clase algorítmica

Non hai nada máis falso, na actualidade, que achacar os avances científicos e tecnolóxicos a figuras individuais, xenios inventores tipo Leonardo da Vinci. É moi probable que gran parte da sociedade pense que os ordenadores inventounos Bill Gates e perfeccionunos Steve Jobs, ou viceversa. Isto da unha visión restrinxida e incorrecta da Ciencia e a Tecnoloxía, cando non falsa, e axuda a difundir un discurso político neoliberal que pretende colocar aos individuos (normalmente homes brancos) como os únicos elementos sociais a ter en conta, obviando ou menospreciando as estruturas sociais ou os colectivos ( o caso das mulleres é o máis paradigmático). Se afirmamos que o marabilloso científico (e por riba diso, gran persoa, con un gran compromiso ético e social) Tin Berners-Lee inventou a internet gráfica, o código HTML, decimos a verdade e recoñecemos a súa autoría. Pero temos que engadir que iso foi no CERN, o principal laboratorio de investigación mundial, gran plataforma de investigación pública, onde unha gran cantidade de investigadores poideron valorar a súa idea e axudar a difundila. Con isto decimos que as grandes achegas necesitan estruturas, normalmente públicas, para comunciarse e mellorarse. Exemplos como este poñen de manifesto que as políticas de certos gobernos, realizadas coa ignorancia de gran parte do seu electorado, de restrinxir a financión pública da investigación supoñen un atraso tecnolóxico a medio prazo.

Pese a ese perigo de falsear a realidade, consideramos que é positivo na educación secundaria dar a coñecer a identidade e obra de certas persoas relevantes no eido a estudar, como axuda ao contexto cultural que debe acompañar a unha formación técnica. Pero tendo sempre diante un enfoque social das súas achegas, pois os seus aportes serían irrelevantes non se non están dentro dunha estrutura social favorable á súa difusión. Isto non supón negar que teñan existido grandes xenios como Alan Turing.

 

Ada Lovelace (1815-1852):

 

Ada

 

Que fixo:

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Estutura algorítmica

Charles Baggage (1791-1871):

 

charles

 

Que fixo:

  • Primeiro computador mecánico (teórico)
  • Máquina diferencial e analítica
  • Criptografía

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Hardware (mecánico)

Alan Turing (1912-1954):

 

alan

 

Que fixo:

  • Verdadeiro xenio matemático
  • A lóxica teórica dos ordenadores
  • Test de Turing
  • Mártir da homofobia

A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

  • Lóxica computacional
  • Test de Turing
  • IA

John Von Neumann (1903-1957):

 

Ada

 

Que fixo:

  • Matemática, física, informática...
  • Creador do primeiro ordenador electrónico e das bases das ciencias da Computación
  • Definiu o bit
  • Debería ser igual de famoso que Einstein

      A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

      • Hardware
      • Algoritmia

    Hedy Lamarr(1914-2000):

     

    Ada

     

    Que fixo:

    • Precursora do WI-FI e doutras tecnoloxías da comunicación
    • Ao tempo, foi unha famosa actriz do Hollywood clásico

    A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

    • Protocolos de comunicación

    Joan Clarke (1917-1996):

     

    Ada

     

    Que fixo:

    • Criptoanalista.
    • Peza fundamental no hackeo de Enigma, máquina codificadora dos nazis.

    A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

    • Criptografía

    Grace M. Hopper (1906-1992):

     

    Ada

     

    Que fixo:

    • Programadora, a primeira en programar o Mark I.
    • Utilizou o primeiro compilador.
    • Peza fundamental no hackeo de Enigma, máquina codificadora dos nazis.

    A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

    • Programación
    • COBOL, linguaxe de alto nivel

    Ana Mª Prieto (1942-2018):

     

    Ada

     

    Que fixo:

    • Probablemente primeira programadora galega

    A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

    • Programación de máquinas

    Margaret Hamilton (n.1936):

     

    margaret

     

    Que fixo:

    • Científica, matemática, enxeñeira de software
    • Escribiu parte importante do código da misión Apolo XI

    A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

    • Programación de máquinas

    Richard Stallman (n.1953):

     

    richard

     

    Que fixo:

    • Ciencias da computación.
    • Un dos creadores e difunsores do software libre e do GNU.
    • FSF (free software foundation).

    A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

    • Sistema operativo.
    • Licenzas.
    • Protocolos.

    Linus Torvalds (n.1969):

     

    linus

     

    Que fixo:

    • Programou o kernel do SO Linux
    • Impulsor de GNU-Linux

    A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

    • Sistema Operativo
    • Software libre

    Guido van Rossum (n.1956):

     

    linus

     

    Que fixo:

    • Creador de Python

    A que aspecto da cultura algorítmica fai referencia:

    • Linguaxes de programación