Despois de Scratch

Despois de Scratch...pois temos que aprender unha linguaxe de programación textual. E unha das máis recomendables (pero non a única) a día de hoxe é Python.

Imos repetir moitas cousas que xa sabemos facer en Scratch, para aprender a facelas en Python. Se logo continuamos aprenderemos a facer cousas que non sabemos facer en Scratch. O único que se que require é paciencia e interés.

O esquema desta seción e da seguinte, Python, está resumido neste diagrama, no que intentamos mostrar os 6 niveis que debes pasar para facer algoritmos de certa complexidade en Python.

En realidade o esquema que seguimos non é lineal, senón en espiral (quen queira saber máis que busque información da espiral do coñecemento): cando pasamos a outro nivel repetimos e afondamos nos niveis anteriores. Por exemplo, para aprender as estruturas de control utilizamos operacións lóxico-matemáticas que aínda non teremos visto no nivel anterior. Esta metodoloxía é moito máis lóxica na aprendizaxe de programación, en especial para cursos iniciais.