O que sae pola pantalla: print

Mostrar un texto en pantalla

En Scratch e demáis linguaxes gráficas non comezamos  amosando verbas na pantalla, senón movemento, interacción... (obviamente é máis divertido). Pero nas linguaxes de programación baseadas en texto, coma Python, compre comezar ensinando a mostrar datos simples na pantalla: números, palabras e frases... Despois continuaremos amosando como gardas eses datos, empregando variables, e como visualizar eses datos almacenados.

Imos comezar por mostrar o código e funcionamento dun programa moi sinxelo deseñado para contar chistes. Executa o programa primeiro e despois fíxate no seu código:

Cando nun programa de Python empregamos palabras, frases ou mesmo parágrafos dicimos que estamos a empregar unha cadea (do termo inglés string). Por exemplo:  A frase 'Ola mundo!' é unha cadea (de caracteres). En Scratch hai unha única maneira de escribilo, pero en Python temos outras opcións:

Scratch 2.0 Python 3

scratch: decir

print('Ola mundo!')

print ("Ola mundo!")

print ('''Ola mundo

Este é o meu primeiro programa''')

#Se quero que saia un parágrafo xa formateado

 

print ('\'Ola mundo'\')

#Se quero que tamén saian as comiñas, serve tamén para outros símbolos como o paréntese ou a propia barra

Exercicio:

1. Proba a escribir (a continuación do noso código) os teus propios chistes empregando os comandos antes explicados (hai un comando: input() que aínda non o explicamos, pero podes empregalo para que o programa espere ata que premamos a tecla enter.

 

Onde se atopan no teclado as comiñas dobres " e as simples ' ?

situación das comiñas no teclado

Onde se atopan a barra \ e a grella # para os comentarios? Debes pulsar a tecla ALT Gr e o símbolo

 

Mostrar varios textos en pantalla

 

En Scratch as ordes secuenciais van executadas seguidas e, por tanto, se executamos o código da seguinte táboa non chegaremos a ver a primeira frase agás que poñamos unha orde agardar.  En Python, pola contra, vanse executar unha despois da outra, polo que veremos na pantalla as dúas frases.

Scratch 2.0 Python 3

scratch: decir

print('Ola mundo!')

print('Adeus mundo!')

Cando queiras introducir unha liña en branco entre dous textos basta engadir un print().

Lembra que se queres optar por imprimir textos cun formato xa configurado deber empregar a comiña triple.

Mostrar en pantalla o valor dunha variable

 

En Python creamos unha variable usando calquera  palabra (agás as que xa teñen significado en Python). Esa variable poderá ser numérica (se almacena números) ou de cadea (se almacena un texto). Cando queramos imprimir unha variable deberemos executar a orde print, pero sen comiñas. Fíxate no seguinte exemplo:

Resumindo:

Scratch 2.0 Python 3

scratch: decir

saudo = 'Ola mundo!'

print (saudo)

#Cando imprimimos o contido da variable non escribimos as comiñas

 

Se o que queremos é facer un cálculo matemático coas variables, ou unir palabras farémolo como no exemplo:

 

Scratch 2.0 Python 3

scratch: decir

print (10+serpes)

print ('Boa tarde '+nome)

#Os números non son cadeas, por tanto non levan comiñas

Exercicio:

2. O seguinte programa serve para quitarlle anos a alguén. Se lle dis cantos anos tes te indica que pareces 10 anos máis nova. Se o executas aparecen unha serie de erros (sempre relacionados co comando print). Arranxa os erros para que funcione. O resultado terá que ser algo así:

resultado de depurar print

3. Xa é hora de deixar o simulador de Python e  probar a escribir completamente o teu programa. Emprega a terminal (se traballas con Windows ou Mc usa o bloc de notas) e escribe un programa contador de chistes. Gárdao co nome: contandochistes.py e execútao escribindo no mesmo cartafol da  terminal:

python3 contandochistes.py

 

O que sae pola pantalla: print Preguntas e respostas: Input O problema da concorrencia